PNV, EA, varios sindicatos e colectivos sociais participan este xoves en diversos actos de solidariedade con Egunkaria. Concentracións e mobilizacións terán lugar durante todo o día en Euscadi, Navarra e mesmo en Cataluña. O xornal electrónico Vilaweb súmase cunha campaña de envío de correos electrónicos a Acebes co lema ‘Eu tamén creo a Otamendi’. Na rede, o Kontseilua vén de crear a web Aurrera.net, co obxectivo da denuncia das “agresións ao euscara”.
.