Malia o baixo nivel de penetración internáutica, e a grave eiva do TRAC, o Estado español posúe unha alta taxa de conexións de alta velocidade. Así é segundo o estudio de Nielsen-Netratings, que subliña o aumento nun 136% en Europa das conexións de banda larga o último ano. Das declaracións de operadoras e administración non se desprende a posibilidade de que o elevado prezo destes servicios abra a navegación máis rápida ao común dos usuarios. Por outra banda, o informe da consultora subliña que o acceso ás mellores conexións disparou significativamente o tráfico das webs de lecer adulto e música.
.