A prensa USA vén de publicar que a CIA está revisando o informe secreto sobre o armamento iraquí para determinar se ‘calculou mal’ a ameaza. Ao tempo, un voceiro do Pentágono vén de asegurar que “non se esaxerou” o perigo. E mentres Aznar insiste en que as armas de destrucción masiva apareceran e Blair consigue tumbar no Parlamento inglés a constitución dunha comisión independente que investigue se mentiu, o subsecretario de Defensa USA, Paul Wolfowitz vén de recoñecer que o motivo da operación militar “foi o petróleo”, afirmando que as denuncias sobre armamento só foron “escusa burocrática” para acadar apoios militares.
.