Hai tres días que varios xornais suízos incluían unha páxina de publicidade electoral, agora nos xulgados, exemplificadora da mensaxe ideolóxica defendida pola UDC: as crecentes minorías étnicas no país estarían na orixe do aumento do crime. Unido a unha escena de crise económica, a formación de extrema dereita liderada polo multimillonario Christian Blocher, conseguía este domingo virar o reparto tradicional de votos, rabuñándolle once escanos á dereita clásica e converténdose na formación máis votada nas eleccións parlamentarias, cun 27% do apoio, catro puntos por riba dos socialistas, que gañan dous asentos. Máis información no Diario de Titulares.
.