Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN BREVE PODERANSE DESCARGAR NA REDE CINTAS 'EDUCATIVAS'

Aprende co porno que che oferta o goberno de Vietnam

O goberno de Vietnam, que emprega a censura previa para o control do que se publica no país, decidiu prohibir o acceso á pornografía en internet. O propio Ministerio de Cultura promulgou recentemente unha orde que obrigaba aos cibercafés a instalar en todos os seus computadores software que alertara do acceso a páxinas con contidos sexuais. Sen embargo, e máis recentemente, deberon recapacitar e chegar á conclusión de que o porno non ten por que ser malo de seu, e decidiron regulalo. En breve poderanse descargar filmes, disponibilizados polo goberno, cos que as parellas casadas vietnamitas poderán aprender como mellorar as súas relacións sexuais. O obxectivo sería reducir as taxas de divorcio e de uso da prostitución no país. As cintas deberán seguir as pautas de boa conducta que se marquen desde o goberno do Vietnam. Porno si, pero con educación.

- 12:37 21/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)