Milleiros de labregos e indíxenas de Chiapas xúntanse estes días con representantes do Exército Zapatista de Liberación Nacional, EZLN, para facer balance destes anos de zapatismo e políticas en favor dos dereitos dos indíxenas. Neste Primeiro Encontro entre os Pobos Zapatistas e os Pobos do Mundo que o EZLN organiza en Oventic, o movemento repasa os seus trece anos de existencia, que xa viron nacer unha xeración, e lembra que a autonomía que piden para os pobos indíxenas de México "fortalece a democracia" no país sen que estea en contra da soberanía nacional. Poden ampliar no Canal Solidario.