A oenegué presentou no Club Internacional de Prensa un proxecto de formación e sensibilización para formar a persoas interesadas. O alumnado viaxará en grupos de voluntariado ao Brasil, o Ecuador e Marrocos.
Xoan Hermida e Fernanda Couñago
Xanela Aberta ao Sur quere achegar a realidade dos pobos do Sur á nosa sociedade, é formar á xente interesada para participaren activamente en proxectos de solidariedade, pola transformación do modelo de relacións entre o Norte e o Sur: xornadas, seminarios e a visita, dun mes de duración, a un proxecto de desenvolvemento elaborado e dirixido por unha organización do Sur, son as actividades que integran este programa, cos fins de informar, sensibilizar, e, sobre todo, incentivar a participación.
Deste xeito, os contidos estruturaranse nunha xornada de información, para informar e debater sobre a situación das sociedades do Sur; un seminario de formación, para coñecer as organizacións do Sur e traballar en equipo; e unha estadía dun mes formando parte dun proxecto de desenvolvemento. Á volta haberá unha xornada de avaliación da experiencia, organizada por, cando menos, unha conferencia divulgativa por cada persoa. É a oitava edición deste programa organizado por Amarante, coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta.
As inscricións pódense facer dende o 5 de marzo até o 23. Preséntanse nas sedes de Amarante das distintas cidades nos seguintes días e horas: