Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día internacional do Comercio Xusto

«Limpa a túa roupa de inxustizas»

Amarante desenvolve actividades en cinco cidades para concienciar sobre a explotación do téxtil nos países do Sur.

Redacción - 13:40 12/05/2007

A ONG Amarante culmina este sábado a sétima Semana Galega do Comercio Xusto con actividades en cinco localidades do país: Santiago, Vigo, Pontevedra, Ribadeo e Bueu. Este ano o Día Internacional do Comercio Xusto, que se conmemora o 12 de maio, vai dedicado ao sector téxtil.

Amarante pretende concienciar a cidadanía da situación de países do Sur do mundo onde se sofren condicións de explotación nas fábricas do téxtil. Moita da roupa que vestimos procede deses países: Marrocos, China, Turquía e a India fabrican o 40% das prendas que se visten no Estado.

Co lema «Limpa a túa roupa de inxustizas», a ONG monta postos de degustación de comercio xusto durante a mañá en Pontevedra e Vigo, na Praza da Ferrería, e en Compostela, na Praza Roxa. Tamén haberá tendais de camisetas, ven e escribe a túa denuncia, nas tres cidades, máis unha performance sobre a cadea de produción en Compostela, onde Verdegaia colabora nun mercadiño de troco de roupa.

Tamén se organizan actividades de tipo cultural. En Pontevedra, Gustavo Almeida dará un concerto. En Ribadeo, na Casa das Letras, proxéctase o sábado ás sete da tarde o filme China Blue, sobre a explotación laboral no país asiático. A semana clausúrase en Bueu, onde no Bar Aturuxo, ás nove da noite, Ruxe-Ruxe dará un concerto.


Ligazóns

4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: