Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loitador Antifranquista

Morreu Toñito Ares Abelleira

As súas cinzas están no cemiterio ferrolán de Serantes, xunto aos restos de vítimas da Guerra Civil.

Redacción - 18:45 23/05/2007
Antonio Ares

Antonio Ares

As cinzas do Antonio Toñito Ares Abelleira, loitador contra o franquismo, repousan dende este mércores no cemiterio de Serantes. Ares Abelleira nacera en Pontedeume en 1915, pero viviu en Ferrol dende os tres anos. Responsábel da reconstrución clandestina do PCE en Ferrol, foi detido nunha redada, encarcerado e indultado aos dous anos.

Tres meses despois, Toñito converteuse no responsábel de axitación e propaganda da Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD), e proporcionáballes comida e apoio loxístico aos guerrilleiros, polo que foi condenado, outra volta, a sete anos.

Ares era socio de honra da Asociación Cultural Fuco Buxán dende o ano 2002 polo seu compromiso na defensa das liberdades cidadás. O cemiterio ferrolán no que se atopan as súas cinzas tamén están enterradas ducias de persoas asasinadas durante o golpe de Estado de 1936.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: