'Anda bancha' ou 'Lusafonía' son algunhas das entradas da hilarante Touripedia
											Non entende que quere dicir o presidente da Xunta cando di 'erradical radicalmente' ou 'é a houra'? Para botar luz sobre as expresións de Emilio Pérez Touriño nace, con moito sentido de  humor, a Touripedia;  unha compilación de erros lingüísticos do líder socialista publicada en Troques de Concreto, o blog de Bonnot. 
  Polo de agora a Touripedia ten unhas corenta entradas. Un número que non para de aumentar  grazas as contribucións dos internautas, que seguen a indagar nas dificultades do presidente coa lingua do país. 
    Un país que, segundo reflexa o blog, ten sido chamado 'Gardicia' polo mandatario autonómico.