O acto de entrega será o vindeiro día 23 no municipio de Cerdedo.
As Redes Escarlatas decidiron outorgarlle o IV premio “Roberto Vidal Bolaño” á asociación Verbo Xido e ao historiador Dionisio Pereira, que se enfronta a unha demanda civil polos seus estudos sobre a represión franquista. Os galardóns entregaranse en Cerdedo o vindeiro sábado día 23 de xuño.
O xurado estivo composto por Antón Dobao, Antón Figueroa, Francisco Fernández Rei, Rosa López, Darío Xohán Cabana e por Xosé Luís Méndez Ferrín. Segundo sinala a acta”tivéronse en conta para esta escolla a longa traxectoria do premiado nos estudos de historia contemporánea”