Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

O Karpin Galicia vai de convidado á 'Volta a Portugal'

O galego é un dos dezaoito equipos convidados a participar na rolda portuguesa que se disputará entre o 5 e 15 de agosto na súa sesenta e oito edición.

Redacción - 14:00 11/07/2007

Os outros equipos convidados son o Lampre, o Saunier Duval, o Barloworld, o Ceramica Panaria, o Ceramica Flaminia, o Fuerteventura-Canarias, o Relax-GAM, o Team Slipstream e os equipos portugueses Benfica, Barbot-Halcon, A-MSS, Riberalves-Boavista, Liberty Seguros, Madeinox-BRIC-Loulé, Vitória-ASC, Fercase-Rota dous Móveis e Duja-Tavira.

Este último equipo contará coa presenza do ciclista galego David Branco, que lucirá unha camisola co número 1, xa que foi vencedor da rolda en 2006. A 'Volta a Portugal' iniciarase en Portimão o 5 de agosto cunha etapa en liña e concluirá en Viseu o 15, cunha contrarreloxo individual.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: