O xoves 18 Manuel Fraga inaugura a exposición "Todos con Santiago", que reúne o máis selecto do patrimonio eclesiástico relacionado co apóstolo Santiago.
O mosteiro de San Martiño Pinario ofrecerá a partir do xoves unha exposición do patrimonio eclesiástico galego denominada "Todos con Santiago. Esta mostra, enmarcada dentro do Xacobeo'99 e organizada pola Consellería de Cultura e o Arzobispado de Santiago, vai exhibir un total de 85 pezas que foron protexidas e conservadas nos centros relixiosos de todo o Estado, e relacionadas todas elas co culto ao Apóstolo.
A exposición, que vai ser inaugurada polo presidente da Xunta, céntrase no legado cultural e artístico do Camiño de Santiago que, ao longo dos séculos, foi custodiado polas dióceses do Estado.
A mostra recolle a través de testamentos e outras aportacións escritas a riqueza documental que a pegada xacobea deixou na Península Ibérica.