Talavera era a penúltima oportunidade para os velocistas e foi o corredor italiano Daniele Bennati o que deu boa conta dela, chegando, con esta, ás dúas vitorias no que vai de Vuelta.
Daniele Bennati: "Nunca é fácil gañar"
O italiano asegurou estar molesto por non ser escollido polo seu seleccionador para disputar o Mundial de Stuttgart. O gañador da 17ª etapa asegurou que é complicado gañar, "especialmente nas voltas de tres semanas e menos cando vés de facer as tres semanas enteiras do Tour de Francia. Porén, veño de demostrar que son o italiano máis rápido nesta carreira".
Mais Menchov segue sendo o líder; un líder moi difícil de desmontar.
11 equipos seguen sen gañar unha etapa nesta Vuelta
E outros 10 xa coñecen a vitoria. O KGZ está entre os equipos que aínda non gañaron unha etapa, xunto co Ag2r, Andalucía, Bouygues Telecom, Credit Agricole, Française des Jeux, Gerolsteiner, Liquigas, Predictor, Relax e CSC. Por diante aínda fican catro días, e catro oportunidades para os 21 equipos inscritos na Vuelta.
Talavera, a penúltima oportunidade para os velocistas
A 17ª etapa da Vuelta foi a penúltima oportunidade para os equipos rápidos. Con saída en Ciudad Real e meta en Talavera, a etapa, de 175 quilómetros, propiciaba unha chegada en sprint, aínda os equipos dos ciclistas rápidos non andaban sobrados de forzas nesta última semana, e os equipos que aínda non gañaron unha etapa querían aproveitar calquera posibilidade de facer forza nos quilómetros iniciais e chegar a meterse nas fugas e nos sprints finais.
Sen un só porto en toda a etapa alcanzar os corredores máis rápidos semellaba fácil, mais ao final demostrouse que os mellores velocistas seguen a estar en forma.