Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo, Vuelta

Unha xornada de gran ciclismo que fai que mude a clasificación xeral

Aínda que Mosquera non se moveu da súa sexta posición, por non chegar a sacarlle os 2' 34'' que precisaba a Efimkin, a clasificación variou abondo nesta etapa da media montaña. Gañou Luis Pérez, no día que anunciaba o seu retiro.

Redacción - 17:54 20/09/2007
Luis Pérez na etapa da quinta feira, chegando a Ávila

Luis Pérez na etapa da quinta feira, chegando a Ávila

O madrileño Luis Pérez, ciclista do modesto equipo Andalucía-CajaSur, saíu do ciclismo profesional "pola porta grande", gañando a súa segunda etapa na historia de Vuelta xusto no día que anunciaba a súa pronta retirada.

O ciclista, ao terminar a etapa, dixo: "Son o máis feliz do mundo. O meu equipo merecíao. A verdade é que Andalucía-CajaSur é o único equipo que de verdade confiou en min e que apostou dende o primeiro día para que estivese nas súas filas ".

Unha etapa espectacular

O corredor de Andalucía-CajaSur chegou o primeiro no paso por Ávila e logrou manter, nos últimos momentos da carreira, unha vantaxe significativa sobre o pelotón que o seguía, no que había 7 dos 10 ciclistas que van primeiros na clasificación xeral, entre eles o ruso Menchov, líder da Vuelta.

O prexudicado desta 18ª etapa foi o corredor ruso do Caisse d'Epargne, Vladimir Efimkin, que pasou da segunda á quinta posición, xusto por diante do galego Ezequiel Mosquera (KGZ). Na pelexa da xeral, Sastre é terceiro, sobre todo pola axuda do seu equipo, o CSC, que o apoiou nas subidas.

Evans e sobre todo Menchov, son os que máis fortes se amosaron na quinta feira.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: