Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións lexislativas

A extrema-dereita parte con vantaxe nas xerais suízas

O SVP postúlase como claro favorito para a vitoria, malia levar a cabo unha campaña que todos os demais partidos cualificaron de "xenófoba".

Redacción - 11:30 21/10/2007
Logo do SVP

Logo do SVP

As eleccións xerais suízas realízanse este domingo nun dos ambientes máis crispados dos últimos cincuenta anos por mor da campaña "xenófoba" levada a cabo polo maior partido do país, o SVP.

Os suízos elixirán 200 deputados do Consello Nacional (cámara de deputados) segundo o sistema proporcional, e 44 dos 46 membros do Consello dos Estados (cámara alta).

Os comicios porán a proba a capacidade de supervivencia dun sistema de poder compartido que leva vixente máis de medio século e que a ultranacionalista SVP puxo en cuestión ao romper a tradición da moderación e do consenso.

O seu carismático líder, Christoph Blocher, acusado de racista pola totalidade do resto de forzas políticas, podería revalidar ou mesmo aumentar a súa vantaxe sobre o resto de partidos, e reivindicar unha cota de poder maior cá actual.

Blocher foi elixido conselleiro federal hai catro anos e rompeu a chamada fórmula máxica que mantiña ao seu partido con só un representante de sete. Durante o seu mandato foi reiteradamente acusado de violar as regras, ao boicotear o consenso e intentar implantar o seu ideario.

Por primeira vez, dez observadores estranxeiros vixiaron a campaña electoral e farán o propio durante os comicios. Son membros da Oficina para as Institucións Democráticas e os Dereitos Humanos (ODIHR) da Organización para a Cooperación e a Seguridade en Europa (OSCE).


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: