Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CONVITE

O KGZ estivo na presentación do Tour 2008

A directora xeral, Marta Souto, e parte do Karpin Galicia asistiron á presentación da rolda francesa. Alí o KGZ foi elixido membro da directiva da AICGDP.

Redacción - 19:18 25/10/2007

A AICGDP é a Asociación Internacional de Grupos Deportivos Profesionais, e dende a quinta feira o KGZ forma parte da xunta directiva. A noticia chegoulle ao equipo profesional galego estando en París, onde asistiron a mañá da quinta feira, como convidados, á presentación do Tour 2008.

Polo equipo profesional galego asistiron á presentación Valery Karpin, Álvaro Pino e Rodrigo Costas. Tamén estaba alí a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e Óscar Pereiro, gañador do Tour do 2006.

"O feito de que poidamos acudir a este acto cun gañador do Tour e cun equipo profesional di moito do ciclismo galego", dixo Marta Souto, durante a presentación do Tour, e seguiu, "Óscar Pereiro tivo que esperar quince meses para que o proclamasen gañador, pero agora xa ten o seu sitio de honra na carreira máis importante do mundo. Por outra banda, que na última asemblea o Karpin Galicia fora elixido membro da xunta directiva da Asociación Internacional de Grupos Deportivos Profesionais indica que se está labrando un oco relevante no pelotón internacional polo seu bo facer".

O KGZ está na directiva da AICGDP
Rodrigo Costas e Álvaro Pino, manager e director deportivo do equipo galego, coincidiron en sinalar que aínda que non parece supor ningunha vantaxe, é importante "estar nos foros internacionais do ciclismo, con voz e con voto. En cantos máis sitios esteamos representados máis nos van a coñecer e máis opcións teremos para expoñer os nosos puntos de vista".

Da presentación do Tour Álvaro Pino destacou o feito de que os organizadores da carreira francesa anunciasen que para a próxima edición non van ter en conta "para nada a lista de equipos do Protour da UCI" e que van invitar a "quen eles queiran". Segundo Pino, a mensaxe dos responsábeis da carreira foi "igualmente rotunda ao falar da dopaxe. Dixeron que non van admitir na carreira ningún ciclista que non presente o pasaporte biolóxico e que tampouco van dar cabida nela a equipos que neste sentido ofrezan unha liña sospeitosa".

Novidades do Tour 2008
Polo que respecta aos aspectos deportivos do Tour 2008, o director deportivo do Karpin Galicia engadiu: "O máis destacábel é que se suprime o prólogo. A primeira contrarreloxo tamén é relativamente curta e o xeneral os quilómetros contra o crono serán menos dos habituais. Tamén haberá que estar atentos a primeira semana vai ser moi nerviosa, co famoso paso de Gois, e ese terreo ondulado de Bretaña, similar ao de Galiza".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: