Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NON É ILEGAL

Reduce a velocidade tras o bip

As alarmas de control de velocidade son cada vez máis numerosas. Legais, ao contrario que os detectores de radares, evítanlles aos condutores perderen puntos do seu permiso

Redacción - 13:49 19/12/2007

Adaptado para os profesionais da estrada, a alarma de radar é tamén o novo enxeño de moda para unha gran cantidade de condutores. E non é ilegal, a diferenza dos detectores de radares que están prohibidos.

Logo de recolleren os detectores os sinais emitidos, as alarmas de control de velocidade utilizan un receptor GPS para localizalos en función dunha base de datos que pode actualizarse en Internet.

Preséntanse xeralmente en forma de pequenas caixas negras, do tamaño dun paquete de cigarros, equipadas de diodos luminosos. Unha vez conectados sobre o encendedor, recuperan os sinais das satélites GPS para deducir ao mesmo tempo a velocidade de desprazamento do vehículo e a súa posición con relación aos radares rexistrados na súa base de datos.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: