The Cañas, Los Tigres del Cañotas e Zënzar serán os protagonistas deste festival.
Capa do último disco de Zënzar
A Asociación do Castelo de Naraío, de San Sadurniño, organiza este venres 21 un concerto no que participan tres representativos grupos da comarca de Ferrolterra. A partir das 22:30 todos aqueles que queiran gozar co mellor rock do país poderán acudir a esta cita na que actuarán os locais The Cañas, Os Tigres de Cañotas, de Fene e Zënzar, dende Meirama.
Máis vivo que nunca, o rock de hoxe en día pode cantarse de moitas maneiras, e precisamente isto será o que fagan estes tres grupos no local social da Asociación de Veciños do Castelo de Naraío nun concerto que conta coa colaboración coa Deputación da Coruña.
E para ir abrindo boca, aquí podes ver o videoclip de O Padriño de Zënzar