No primeiro tempo do encontro, aínda que sen moitas ocasións, Galiza demostrou que non lle teme a un dos mellores equipos de África.
Min. 93. Remata o partido con empate.
Min. 90. O colexiado concede tres minutos de desconto. Última oportunidade dos irmandiños para gañar.
Min. 84. (1-1) GOL de Camerún. Empata Song, tamén de penalty.
Min. 73. (1-0) GOL de Julio Álvarez. O xogador do Numancia adianta os irmandiños no marcador. Balaídos vibra.
Min. 71. Penalty a favor de Galiza.
Min. 68. A piques de marcar Iago Iglesias... Non puido ser.
Min. 60. Camerún falla un tiro á portaría galega despois de sacar un córner.
Min. 55. Contraataque dos irmandiños. Iago Iglesias non transforma unha boa oportunidade de gol.
23h42. Comeza o segundo tempo.
Min. 45. Remata o primeiro tempo sen ningún segundo de desconto e co marcador a ceros.
Min. 42. Nova acción de salvamento do porteiro galego López Rodríguez, aínda que era fóra de xogo.
Min. 40. Os dous equipos teñen dificultade para chegar ás portarías contrarias.
Min. 31. Pasa o primeiro terzo do encontro sen aínda goles no marcador.
Min. 25. Diego López segue a salvar a meta galega.
Min. 20. Nova oportunidade de gol para os irmandiños. Ándalle cada vez máis preto.
Min. 17. Nano saca falta ao bordo da área camerunesa. Fóra.
Min. 10. Os irmandiños seguen a atacar a meta de Camerún.
Min. 7. Nova oportunidade do xogador do Rácing de Ferrol.
Min. 6. Centro de Jonathan Pereira cara á portaría camerunesa, finalmente despexado polo equipo contrario.
22h42. Comeza o partido.
22h37. “Coa nosa letra, o himno galego”. Os versos de Pondal resoan nas bancadas.
22h35. Soa o himno de Camerún. A afección, molesta polo atraso dos leóns, recíbeos con fortes apupos.
22h32. Entran os irmandiños! Os seareiros estoupan: “Ga-li-za, Ga-li-za!”
22h30. O delegado de campo trae unha primeira cifra das bancadas: 24 mil persoas en Balaídos para a festa do futbol do país.
22h25. Unha nova oportunidade para o patrimonio! A pantalla xigante pasa o videoclip de Ponte nas Ondas.
22h05. Antes foron o Miña Terra Galega, de Siniestro Total ou o Licor Café, de Lamatumbá. Agora vai a Muiñeira de Chantada.
22h. A megafonía vai citando a cada un dos xogadores do combinado nacional. Os siareiros berran atrás de cada nome.
21h55. Os irmandiños brincan ao campo en chándal para facérense foto coas seleccións das categorías sub18 e sub16.
21h45. Confirman que Camerún sae de novo cara a Balaídos.
21h42. Atribúenlle o atraso na chegada dos xogadores cameruneses á rifa coa súa propia federación, ao respecto das primas que acordaran cobrar pola próxima participación na Copa de África.
21h40. Confírmanlle a Vieiros que os xogadores cameruneses chegaran a Balaídos, pero volveron ao hotel por discrepancias coa prima económica a recibiren pola participación no encontro. Nestes momentos estarían en negociacións ao respecto.
21h35. Trinta minutos despois da que debía ter sido a hora de comezo do partido, a selección de Camerún aínda non saíu do hotel.
21h30. Os siareiros despregan un enorme cartaz: “Adiante Galiza”. Balaídos bate marca en decibelios futboleiros.
21h25. Fontes consultadas por Vieiros falan de presuntos problemas argumentados por representantes da selección de Camerún ao respecto das condicións acordadas para o encontro desta noite.
21h10. Atribúenlle a problemas no traslado o atraso no comezo do partido.
21h. Por megafonía avisan de que un problema alleo á organización impediulle á selección camerunesa chegar aínda ao estadio