A partir de agora as notas de prensa da LNB leraas este robot, coa súa electrónica e despezada voz. Podédelo ouvir aquí. Exclusivamente para Vieiros, da Liga Nacional de Billarda.
Chega o Palanotrönic para invadir os medios até o de agora controlados por humanos! E estréase co anuncio do quinto asalto da Conferencia NorLeste da LNB. Será en Santalla de Vilausende, o vindeiro domingo.
"Como non podía ser doutro xeito", contan dende O Varal, "a LNB dálle a exclusiva mundial a Vieiros para a difusión da voz e a imaxe completa desta morea de chatarra chamado Palanotrönic", creado e desenvolvido polos palanadores da LNB a partir de pezas atopadas nunha enorme entulleira.
Segundo nos contan, Palanotrönic está chamado a liderar unha nova especie de correspondentes para rematar definitivamente coa supremacía e a vulgaride humana nos medios de comunicación.
Velaquí a voz metálica o ciborg, anunciando o vindeiro encontro da LNB (Conferencia NorLeste):