Os seareiros da Irmandiña seguen a sorprender, neste caso cun divertido vídeo de apoio á selección.
Ao son dos Herdeiros da Crus, os seguidores da selección galega seguen a dar forzas aos nosos xogadores. Baixo o título de "Non quedes fóra de xogo", Ana Isabel Álvarez, Adrián Barreal, Lucía Bouzada, Marta Casanova e Cristina Cid realizaron este divertido vídeo no que non falta o ritmo e o bo sentido do humor.
Por que non facer un campo de fútbol sachando na horta, ou mercar a camiseta de Galiza nas tendas máis exclusivas? Calquera iniciativa é boa para animar aos Irmandiños, e que menos que pintar a cara coas cores celeste e branca para coller o coche a ver xogar ao noso equipo.
Aquí podedes ver o traballo feito por estes mozos: