A banda inclúe o festival portugués, que se celebra a vinte quilómetros de Tui, na súa xira de verán.
O festival de Paredes de Coura anunciou a súa primeira confirmación para este verán. Johnny Rotten, Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook, os Sex Pistols, estarán no festival portugués, o máis galego dos grandes eventos musicais do verán, na primeira semana de agosto. A banda percorrerá Europa de novo, tendo confirmada a súa presenza no Festival da Illa de Wight, o Loch Lomond, o Exit festival, así coma o Power Fest.
Este ano Paredes de Coura adianta as súas datas de celebración (normalmente próximas ao 15 de agosto) e comezará o 31 de xullo.