O Salón Teatro encherase coas cancións deste expoñente do novo folk estadounidense no seu único concerto en Galiza.
Compostela acolle esta fin de semana o único concerto en Galiza de Michael Gira. O que fora líder dos Swans mostrará nesta actuación a súa nova faceta máis folk na que leva xa imbuído dende hai dez anos. Tras a actuación dos brasileiros Kassin+2 en Vigo, o festival Sinsal continua a súa andaina na súa extensión compostelá con este concerto que terá lugar a partir das 22:00 a un prezo de 10 euros.
Coñecido por ser xunto con Sonic Youth un dos creadores do "noise", Michael Gira chega ao noso país afastado desas coordenadas estéticas, camiña agora polos camiños do novo folk a través de diferentes proxectos que sempre levan o seu selo persoal e a súa forma de ver o mundo, baseada na súa concepción da música de raíz. Neste concerto, o vén acompañado de Fabrizio Modonese, que presenta terceiro traballo do seu proxecto (r).
O festival Sinsal continuará o vindeiro mes de marzo coa actuación de Baby Dee acompañado polos galegos O Fillo Pausado, que actuarán no Salón Teatro compostelán o día 8.