Catro mil persoas encheron A Malata para darlle folgos á Irmandiña no seu primeiro partido, inmellorábel comezo dunha selección que vai dar moito que falar.
Primeiro partido da selección galega de fútbol sala e primeira vitoria. Pero non só coa vitoria gozaron os espectadores, a Irmandiña ofreceu o seu mellor xogo que se viu traducido en seis goles. O ferrolán Pana tivo a súa noite fabricando catro dos tantos dos galegos, que sumados ao de O.Vivien do Ourense e ao de Manu do Lobelle redondearon o marcador galego. Os uruguaios tamén tiveron a súa ocasión cun gol de Nicolás Moliterno.
O ambiente nas gradas era inmellorábel. Os seareiros ilusionados agardaban a vitoria do seu equipo que "está a xogar moi ben", mentres que tras o primeiro tanto os xogadores ollaban nerviosos os toques de balón dos rivais e preparaban o gol que afianzase o marcador. Así foi, e non só con un, senón con outros cinco tantos os galegos acadaron unha vitoria merecida.
Bo partido e boa acollida do público. Agora só queda agardar ao seguinte partido e a seguinte festa dun dos deportes máis seguidos no noso país.
Crónica do encontro: A irmandiña do futsal golea a Uruguai