Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Inicio de tempada no Karpin Galicia

Pino avisa: "Mosquera está súper"

Álvaro Pino é optimista co estado do equipo, e especialmente coa forma de Ezequiel Mosquera, noveno esta semana na Volta a Castela e León.

Redacción - 14:00 30/03/2008
Ezequiel Mosquera

Ezequiel Mosquera

"Demostrou que tamén pode render a un alto nivel con frío, pero díxome que durante a ascensión se portara demasiado torpe, sen axilidade nas pernas e que tivera que subir a base de desenvolvemento, pero Ezequiel está súper", analiza Álvaro Pino, director deportivo do Karpin Galicia, sobre o estado de forma de Ezequiel Mostera.

Os galegos son optimistas tamén para este domingo coa proba de Llodio, onde David García fixo quinto hai un ano. Con todo, o corredor de Marín cambiou este ano esa carreira polo Criterium Internacional en Francia. A clásica alavesa é "durilla", segundo a expresión de Álvaro Pino, "ten un primeiro circuíto con dous portos e logo outro máis pequeno con outros dous, que se fai dúas veces e un deles apreixa bastante".

Máis na web do Karpin Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: