Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Resolución do xurado

'O mal da vaca' faise co premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O galardón outorgado pola audiencia recaeu na obra 'Saltimbanqui', de Lois Pérez Díaz.

Redacción - 16:49 31/03/2008

"Fresca, ben estruturada e con diálogos coidados". Así definen os membros do xurado desta segunda edición do premio de Teatro Radiofónico a comedia gañadora presentada pola compostelá Begoña García. O mal da vaca fala sobre a sociedade rural, cun tratamento afastado do costumismo e con personaxes "matizados e complexos".

O premio que organiza a Radio Galega en colaboración co Centro Dramático Galego e a Consellaría de Cultura, foi outorgado por maioría do xurado, composto pola directora do CDG, Cristina Domínguez, a directora do Diario Cultural, Ana Romaní, a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, xunto co actor e director Quico Cadaval, e o crítico teatral Camilo Franco, tras competir con outras tres propostas na final.

O galardón da audiencia, dotado con 3.000 euros, ao igual que o do xurado, foi concedido a Saltimbanquis, de Lois Pérez, tras alcanzar case a metade de todos os votos recibidos.

Entrega de premios

As tres obras finalistas, Ola Silvia, estás aí, de Fátima Rodriguez, Último capítulo, de Roi Vidal e Saltimbanqui, de Lois Pérez, xunto coa gañadora, O mal da vaca, de Begoña García, formarán parte dun libro-cd, editado por Xerais, que será presentado na gala de entrega de premios, o vindeiro 17 de abril en Pontevedra.

Escoita as obras gañadoras:


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: