Paraugas universal foi
gravado nos últimos meses de 2007 nos estudios de
Casa de Tolos, en Mañufe (Gondomar), e é distribuído por
Pai Música. Despois de máis de dous anos de xira ininterrumpida desde o lanzamento da súa anterior gravación, os ourensáns escolleron a produción de Segundo Grandío para darlles forma ás súas novas cancións.
No disco hai (non podía ser doutro xeito) moita festa, e moita alegría. Xa en novembro Iván Varela salientaba a alegría que lles producía gravar con bo tempo e nun entorno natural fermoso, unha alegría que se seguro se reflectiría no disco: "Está moi ben erguerse pola mañá e ver a Ría de Baiona e o bo tempo que estamos tendo en novembro. Cando gravamos en Euskadi hai dous anos era un vendaval detrás doutro, chuvia, vento...".
No disco hai cumbias, merengues e pasodobres, pero tamén ritmos novos, como funky e hiphop. E moitas outras sorpresas, comezando polo single de presentación, en cuxo vídeo colouse Santiago Pemán, cantando e bailando, e mesmo despedíndose cun
boas noites, e ata mañá.