Semellaba que co éxito da telefonía móbil, o futuro das cabinas telefónicas de toda a vida pintaba moi escuro, de xeito que a cuestión que se formulou foi a de "renovarse ou morrer". Apareceu así o proxecto da "cibercabina", ou o que é o mesmo, a cabina teléfonica dotada de pantalla e conexión a Internet.
As tradicionais cabinas pasan á historia
A primeira destas cabinas vaise instalar no concello andaluz de Tarifa e vai permitirlle ó usuario navegar por Internet, enviar correos electrónicos e mensaxes SMS e realizar chamadas telefónicas, por suposto.
Utiliza tecnoloxía ADSL e estará equipada tamén con webcam e micrófono para posibilitar a realización de videoconferencias.
En principio funcionará mediante moedas, aínda que nos se descarta que nun futuro se poida utilizar a tarxeta de crédito para pagar o servizo e, deste modo, dixitalizar de todo a "cibercabina".