Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No medio dos enfrontamentos, no Líbano

Lourdes Domínguez está retida, xunto con outras tenistas, en Beirut

O CSD xa fixo as xestións precisas coa embaixada española para que as xogadoras e o adestrador da pontevedresa poidan saír do país.

Redacción - 13:25 09/05/2008

Tres tenistas do equipo estatal, Lourdes Domínguez, Marta Marrero e Eva Fernández Brugues e máis o adestrador da primeira, están retidos nun hotel perto de Beirut a causa do conflito que se está a vivir na capital do Líbano, onde os enfrontamentos entre os partidarios do goberno e as milicias de Hesbulá causaron esta quinta feira máis dunha decena de mortos.

As tres tenistas estaban no Líbano para participar nun campionato da Federación Internacional de Tenis (ITF), dotado con 50 mil dólares en premios, cando se viron atrapadas no conflito.

Segundo informa a axencia Europa Press, o goberno español, a través do Consello Superior do Deportes (CSD) fixo xa as xestións precisas a través do embaixador español no Líbano, Miguel Benzo, para que as tenistas españolas e o adestrador poidan abandonar o antes posíbel o país.

As xogadoras están preocupadas, pero atópanse nunha zona segura, onde vive unha colonia formada por perto de 1.500 cidadáns do Estado Español, a uns 10-15 quilómetros do centro da cidade. A saída que lles queda é o aeroporto de Damasco.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: