Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con case o 100% do voto escrutado

Os rivais de Tadic negocian un pacto de goberno en Serbia

Malia a vitoria da coalición proeuropea de Boris Tadic, o DSS de Kostunica e o SRS de Nikolic estudan un posíbel acordo.

Redacción - 09:00 13/05/2008

Con case o total de votos escrutados despois das lexislativas desta fin de semana en Serbia, a coalición "Por unha Serbia Europea" liderada polo PartidoDemocrático (DS), de Boris Tadic, aparece como vencedora dos comicios, cun 38,7% dos apoios e 102 escanos. Segundo a Comisión Electoral, o Partido Radical Serbio, SRS, obtivo o 29,2%, sumando 77 asentos, catro menos dos que contaba na lexislatura anterior, e a coalición DSS-NS, liderada polo primeiro ministro saínte, Vojislav Kostunica, sumou un 11,5% e 30 representantes.

Atrás deles aparece outra coalición, a formada polo Partido Socialista Serbio (SPS), os Pensionistas Asociados e Serbia Unida, que co 7,5% dos votos chegarían a 20 escanos, e o Partido Liberal Democrático, que co 5% chegaría a 14 asentos.

Con este escenario, un voceiro do DSS anunciaba este luns que o partido está en conversas co SRS, ademais de abrírense negociacións co SPS, a formación do ex presidente Milosevic. Os líderes respectivos do DSS, Kostunica e o SRS, Nikolic, tiveron xa unha primeira xuntanza para falar dun posíbel goberno conxunto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: