Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PS, PSD e Bloco votaron a favor

O parlamento de Portugal aproba o Acordo Ortográfico

O protocolo abre a posibilidade de adhesión de Timor-Leste, que en 1990 -data da norma- aínda non era un Estado soberano.

Redacción - 17:45 16/05/2008
A modificación do Acordo entrará en vigor en 2014

A modificación do Acordo entrará en vigor en 2014

O parlamento de Portugal aprobou este venres, cos votos favorábeis de PS, PSD, Bloco de Esquerda e sete deputados do CDS, o Segundo Protocolo do Acordo Ortográfico. Un parlamentario do PS, dous do PP e unha non adscrita, Luísa Mesquita (ex do PCP) ,votaron en contra, informa Público.

PCP, PEV e tres deputados do CDS-PP abstivéronse. Ademais, outros tres do PSD abandonaron o hemiciclo antes da votación. Unha destes, Zita Seabra, alegou un "conflito de intereses" xa que é editora. Tamén se ausentaron da cámara un representante do PS e o deputado do Movimento Partido da Terra (MPT), Pedro Quartin Graça, electo polas listas do PSD.

O protocolo, que entrará en vigor en 2014, abre a posibilidade de adhesión da República Democrática de Timor-Leste, que a data do Acordo (1990) aínda non era un Estado soberano.


Ligazóns

5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: