Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

Veloso é quinto no prólogo da Volta a Cataluña

O ciclista do KGZ chegou no mesmo segundo que o terceiro clasificado facendo un bo tempo no comezo da rolda catalá. "Fixemos un moi bo prólogo", dixo Álvaro Pino.

Redacción - 10:09 20/05/2008
Hushovd no podio

Hushovd no podio

O ciclista do Karpin Galicia, Gustavo César Veloso, fixo o quinto mellor tempo no prólogo de 3,7 quilómetros que na localidade de Lloret de Mar puxo en marcha a 88 edición da rolda catalá.

O corredor galego quedou a 7 segundos de Thor Hushovd (Credit Agricole), o primeiro líder da carreira. O noruegués superou en 6 segundos ao estadounidense George Hincapie (High Road), segundo clasificado; e en 7 a José Iván Gutiérrez (Caisse d'Epargne), que foi terceiro.

Gustavo César Veloso, que este ano foi sexto tamén na contrarreloxo do Criterium International, saíu no posto 89 e marcou o mellor tempo até que Lovkvist o superou por centésimas.

Gonzalo Rabuñal e David García tamén estableceron un bo tempo, clasificándose nos postos 25 e 26, respectivamente, a 13 segundos do vencedor. Vinte segundos perdería Ezequiel Mosquera, que non saíu mal parado no seu duelo particular cos escaladores.

A primeira etapa disputarase esta terza feira entre Riudellots da Selva-Banyoles, sobre 167,8 quilómetros, con tres portos de montaña no percorrido, o último de primeira, aínda que a sesenta quilómetros de meta.

As impresións de Álvaro Pino
O director deportivo do Karpin Galicia resumiu a actuación do equipo: "Fixemos un moi bo prólogo, con Gustavo C. Veloso situado entre os mellores, e até Rabuñal estivo a piques de rebaixar un pouco o seu tempo. O tempo de Ezequiel Mosquera haberá que velo máis detidamente cos escaladores, pero en principio superou a Sastre e perdeu uns segundos con Zubeldia, Rogers ou Luís León Sánchez, un corredor que ten moitas opcións co percorrido e as bonificacións que presenta a carreira este ano. Estes son menos escaladores ca el, pero o percorrido favorécelles máis".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: