Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novos tempos, vellas demandas

O longo e duro camiño de Cataluña e de Euskadi cara á independencia

Os militantes de ERC elixen novos líderes tras o último fracaso electoral. Mentres, o ministro español do Interior asegura que "non haberá referendo" vasco.

Redacción - 12:35 07/06/2008
O goberno español considera que o dereito de autodeterminación é inconstitucional

O goberno español considera que o dereito de autodeterminación é inconstitucional

O independentismo catalán vive este sábado un novo episodio na súa historia. Tras a contundente derrota electoral nas pasadas eleccións ao parlamento español, chega a renovación de proxectos a Esquerra (ERC), a formación política catalá máis comprometida co arredismo.

Os máis de 10.400 militantes teñen deica as 20.00 horas para se decantar por algún dos candidatos á Presidencia e á Secretaría Xeral do partido.

En total hai catro candidaturas. A corrente continuísta Gent d'Esquerra, que presenta a Joan Puigcercós para presidente e a Joan Ridao para secretario xeral, foi a que maior número de avais presentou e a que en teoría conta con máis posibilidades.

"O dereito á autodeterminación é contrario á Constitución"

Por outra banda, a consulta popular presentada polo goberno vasco baixo o lema Dereito a decidir segue a ser obxecto de manifestacións de rotunda oposición dende o Executivo español. A última, este venres, do ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, que asegurou que "non haberá referendo" en Euskadi.

Segundo este detrás do lema da consulta agóchase "o dereito á autodeterminación", que é "contrario á Constitución (española)" e, xa que logo, constitúe unha "estratexia electoral" de Juan José Ibarretxe para acudir ás urnas "co 'non' do Estado".

"Parece que o Estado está negando un dereito", cando "non é así, porque en España os cidadáns deciden continuamente, mais non temos dereito a decidir se esquecemos que España é un país con normas comúns", advertiu Rubalcaba.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: