Chegan máis traballos para competir en 'Unha imaxe para o galego'. Ampliamos o prazo do concurso até o vindeiro venres. Bule ben!
Chegan máis traballos para competir en 'Unha imaxe para o galego'. Ampliamos o prazo do concurso até o vindeiro venres. Bule.
Ao ritmo da canción 'Fortune Son' da mítica banda Creedence Clearwater Revival, Bárbara Liniado envíanos este vídeo ao concurso 'Unha imaxe para o galego” convidándonos a sacar sen complexos a lingua.
E xa son seis os traballos que nos chegaron ao apartado de vídeo. Tampouco paran de chegarnos fotografías sobre o idioma, e xa van perto de oitenta instantáneas.
A que esperas para mandarnos os teus traballos! Bule ampliamos catro días o prazo de recepción de vídeos e fotografías. O vindeiro venres 4 de xullo pechamos definitivamente 'Unha imaxe para o galego'. Logo un xurado designado por Vieiros e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística encargarase de elixir os traballos gañadores.
Consulta aquí as bases e os traballos a concurso