Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE ECONÓMICA

Dispostos a todo por vales de gasolina nos EUA

Doar sangue, ir á misa, poñerlle un determinado nome a un fillo ou ir a un prostíbulo, xeitos de conseguir combustíbel de balde.

Redacción - 11:00 22/07/2008

A crise económica e, concretamente, a suba dos prezos dos carburantes, está tamén a ter un forte impacto nos Estados Unidos. Moita xente está disposta a case calquera cousa por conseguir tarxetas de combustíbel de balde, que son o premio de moda. E iso que, ao cambio, o prezo medio do litro de gasolina nos EUA anda lixeiramente por riba dos 70 céntimos de euro.

Un dos casos máis peculiares é o dun habitante de Florida, David Partin, que lle poñerá ao seu fillo Dixon Willoughby, como os presentadores dun programa de radio, a cambio dun bono de 100 dólares de gasolina.

Segundo conta Reuters, o bordel Shady Lady Ranch, en Nevada, dá vales de 50 dólares de combustíbel aos clientes que gasten, cando menos, 300 dólares durante este mes. Xuño e xullo son temporada baixa, explica o propietario do negocio. Nunha semana xa se repartiron 200 tarxetas.

En Texas estanse a producir roubos de gasolina por valor de 100 dólares dos autobuses do centro de día da igrexa Higher Ground. Pola súa banda, unha parroquia de Massachusetts sortea un vale de 50 dólares entre as persoas que acudan á misa semanal.

Entre tanto, a Cruz Vermella dos EUA está a desenvolver unha campaña de verán pola que os doadores de sangue poden gañar un subministro anual de combustíbel.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: