Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
As figuras de Beixín 2008

Un ouro que a piques estivo de facer parte do Karpin Galicia

Samuel Sánchez, campión olímpico de ciclismo en ruta, foi o primeiro corredor que Álvaro Pino quixo fichar para o equipo ciclista profesional galego.

Redacción - 11:30 12/08/2008
Sánchez coa medalla de ouro no podio olímpico

Sánchez coa medalla de ouro no podio olímpico

Cando o ciclista asturiano subiu ao podio en Beixín, o director deportivo do KGZ, Álvaro Pino, declarou que o ouro de Samuel Sánchez era "unha extraordinaria noticia para o ciclismo español, que acaba respondendo sempre, con resultados, a tantos ruxerruxes e a tantas sospeitas".

Sánchez foi incluído no combinado estatal olímpico após a caída do ciclista galego Óscar Pereiro, que se viu retirado da competición. Mais, para Pino, o asturiano sempre foi un corredor de moita importancia: "foi o primeiro ciclista que tentei fichar cando me fixen cargo do Karpin Galicia", dixo o director deportivo do equipo galego.

E así mesmo foi, como lembra esta terza feira Sánchez, nunha entrevista concedida ao xornal La Voz de Galicia, na que salienta que, naquela altura, cando Pino o chamou para facer parte dun seu proxecto de anos de traballo, que comezaba a se materializar, xa lle tiña dado a súa palabra ao Euskaltel (equipo no que segue e co que está negociando unha "substanciosa" oferta para mellorar as condicións do contrato). Naquela altura o asturiano dixo que "non podía dar marcha atrás, por principios", pero que lle gustaría ter competido coa camisola celeste do Karpin Galicia.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: