Trátase dun chip informático que se inserta no código de barras e permite que calquera producto poida ser seguido en tempo rela polas empresas que realizan os envío mediante un sistema que regula a trazabilidade.
O código de barras aumenta a súa información
Externamente semella un código de barras calquera, pero ten a particularidade de levar dentro un pequeno chip (do tamaño da cabeza dun alfiler) con información dixital.
Mediante este dispositivo, a empresa que realiza o envío do producto pode detectar que pasou diante dos lectores en cada momento, isto é, persoas, máquinas, utensilios ou calquera outra cousas que se queira seguir en tempo real.
O chip pode ser aplicado en diversos tipos de productos, dende alimentación a elementos loxísticos, xa que se desenvolveron diversos deseños aplicables a cada tipo de elemento: un "pincho de plástico" que se pode insertar nun xamón, un chaveiro...
Con este chip, a empresa emisora pode detectar e coñecer todo o percorrido feito polo producto sen ter que realizar ningún rexistro manual.
FWWWRANDO