O xulgado de primeira instancia nº 4 de Compostela ven de desestimar a demanda civil interposta pola empresa ACUINOR, propiedade de Ramón Álvarez-Cascos, contra ADEGA por ter paralisado as obras da Piscifatoría de Rinlo en 2005 ao afectar ao LIC As Catedrais, parte da Rede Natura galega.
O xuiz, que tamén impón as costas xudiciais ao demandante, exclupa a ADEGA de actuar con "mala fe e comportamento abusivo" e rexeita que tiveramos actuado "con abuso de dereito" algún. Ben ao contrario: ADEGA coa súa acción conseguíu preservar a integridade dunha parte importrante do noso patrimonio natural e defender a legalidade diante dos atropelos de empresas depredadoras e cando algunhas administracións públicas estaban desaparecidas ou miraban para outro lado.
Dende ADEGA queremos tamén agradecer os múltiples apoios e a solidariedade recibida de persoas e colectivos, así como e transmitir unha mensaxe de ánimo e esperanza á veciñanza dos concellos afectados por un Plano Acuícola que vai multiplicar as agresións aos espazos protexidos da nosa costa