Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cobizan trece veces máis do que hai a repartir

De Fenosa a Amancio Ortega: 172 aspirantes a 30 mil megavatios eólicos

Industria fai público o detalle das ofertas que concorren ao concurso eólico no que se adxudicarán 2.325MW.

Redacción / EP - 09:00 23/10/2008
Tags:

A Consellaría de Innovación e Industria remitiulle ao Parlamento o listado de 172 empresas que concorren ao concurso eólico, no que as tres maiores ofertas aspiran a máis de 1.000 megawatios e só dúas destas coparían coas súas peticións os 2.325 megavatios que se repartirán no proceso.

A maior potencia cobizada asínaa Novas Enerxías de Occidente, que aspira a 1.200 megawatios que se repartirían en máis de trinta novos parques eólicos. Séguelle Norvento Eólica (1.065,3 MW), que tamén pretende 202 MW a través de Norvento S.L; Unión Fenosa Renovables (1.050,8 MW), Enervento Galicia (964 MW) e Gaelic Wind S.L. (820 MW). En total, estas cinco xa suman 5.000 MW, o 16,7% da potencia total das 172 ofertas do proceso: 30.501 megavatios, case 13 veces máis da potencia que repartirá a Xunta no concurso.

Capital Energy, participada por Amancio Ortega; Inverabán Gestión de Inversiones, de Jacinto Rei, Epifanio Campo e Manuel Jove; ou Andavia, da que forma parte Coren, Copasa e Gadis, están tamén entre as maiores ofertas, todas elas por riba dos 600 MW. Martinsa-Fadesa pide 189. Tamén aspiran a muíños Endesa, Vieyra Enerxía Galega, Enerxías Renovables de Fisterra S.A., Enerxías Renovables de Galicia S.A., Fisterra Eólica S.L. e Enervalor Naval S.L. Noutro estremo, diversos concellos piden pequenos parques eólicos: Arbo, Carballeda de Avia, Carral, Coirós, Meira, Ordes e Riós.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: