Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
OPERADO NA CLÍNICA MODELO DA CORUÑA

Gonzalo Rabuñal chegará a tempo para o inicio da tempada

A intervención foi un éxito, e o do Xacobeo podería comezar a facer bicicleta estática en dúas ou tres semanas.

Redacción - 19:00 29/10/2008
Rabuñal  facendo o Camiño de Santiago en bicicleta de montaña

Rabuñal facendo o Camiño de Santiago en bicicleta de montaña

O ciclista do Xacobeo Galicia foi operado con éxito da fracturas de clavícula e cóbado, debidas a unha caída que se produciu o pasado domingo. A operación foi un éxito, segundo afirmou o doutor Ricardo de Casas, polo que o ciclista de Arteixo debería estar en condicións de comezar a tempada co resto dos seus compañeiros. O traumatólogo afirmou que "en condicións normais, nun prazo de dúas ou tres semanas podería estar facendo bicicleta estática".

Rabuñal mostrouse animado cos resultados da intervención, malia que pasou malos momentos ao saír da operación, debidos á dor. Estas molestias foron remitindo co paso das horas, e agora a rehabilitación é o obxectivo fundamental do ciclista.

As lesións débense a unha caída que Rabuñal sufriu o pasado domingo, mentres participaba nunha marcha con bicicletas de montaña en Cambre.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: