No ciclo encetado o mes pasado co gallo de dar a coñecer o jazz feito en galego por grupos de Galicia ou ben por galegos que están na cidade de Barcelona.
Aproveitando o espazo escénico que o Centro Galego ten no centro da cidade, preto do circuíto de salas de jazz, a entidade continúa cun ciclo coa intención de ofrecer un concerto mínimo, jamm session, mensual, ata o mes de xuño.
O trío Triángel está formado por Ramón Ángel na batería e composición, Joan Monné no piano e Marko Lohikari no contrabaixo. O seu repertorio en directo conta con temas orixinais e mais de arranxamentos de Standards. Con este repertorio editan o seu primeiro CD que sairá á venda en xaneiro.
O recoñecido pianista Joan Monné ten tocado con Jesse Davis, Joe Magnarelli ou Peter Bernstein, forma parte do Grupo de Carme Canela e é profesor do Taller de Músics de Barcelona, entre outros moitos haberes. O contrabaixista sueco residente en Barcelona, Marko Lohikari, ten colaborado con músicos escandinavos de sona como Joonas Havisto ou Jaka Kopal. O percusionista vigués Ramón Ángel Rey formouse durante sete anos entre Boston e Nueva York e dende que reside na cidade ten tocado e gravado con pianista galego Abe Rábade (premio Tete Montoliu 2001 e Getxo 2000), Miguel Poveda, Joan Díaz, Giulia Valle, Vicenç Solsona, Josep Cucurella e Rai ferrer, entre outros. Actualmente é tamén profesor no Taller de Músics de Barcelona.
Sábado 13 decembro
19:30 h | Actuación
I Ciclo de Jazz no Centro Galego de Barcelona
Actuación do trío de Jazz “Triangel”
Joan Monné (Molins de Rei, Catalunya) – Piano
Marko Lohikari (Suecia) – Contrabaixo
Ramón Ángel Rey (Vigo, Galiza) – Batería
Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37