As xogadoras do equipo vilagarciá queren aproveitar o efecto positivo que supuxo a chegada de Tito Díaz como adestrador para gañar este partido atrasado.
Partido anterior do Extrugasa
Este mércores xogan en Fontecarmoa as xogadoras clasificadas no último lugar, o Extrugasa, contra as penúltimas, as mozas do Gran Canaria. O partido corresponde á xornada 14 da Liga Feminina e debía xogarse o pasado 10 de xaneiro, mais foi aprazado por mor da nevada que impediu ás canarias desprazarse até Galiza.
Agora o partido chega nun bo momento para o equipo local, que completou dous bos partidos dende a chegada do seu novo adestrador Tito Díaz, acadando a vitoria no último. Con Díaz no banco o grupo semella volver a funcionar e, agora, o aprazamento deste encontro semella unha vantaxe para as mozas do Extrugasa. De acadar a vitoria igualarían con catro triunfos ás propias xogadoras do Gran Canaria e tamén ás do MMT Estudiantes, dando así un paso importante cara a cobizada salvación.
O partido xogarase en Fontecarmoa, este mércores ás nove da noite.