Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
ENQUISA DO CIS

Os votantes do PP, os que máis se criaron en galego

Foi a lingua materna para o 62% dos populares, para o 58% dos nacionalistas e o 52.5% dos socialistas.

Redacción - 18:29 12/02/2009
Tags: cis enquisa

O galego é a lingua materna, a lingua de berce, para a maior parte dos habitantes deste país, ao redor do 55%, fronte ao 30% que tiveron o castelán como primeira lingua, e o 13% que declara que na súa casa se falaban os dous idiomas. A lingua de orixe non marca grandes diferenzas entre partidos en Galiza, como si o fai en Cataluña, e de feito, as diferenzas neste sentido entre os votantes dos tres grandes partidos son mínimas, sobre todo entre os votantes de PP e BNG.

Os populares son os que en maior medida tiveron o galego como lingua materna, e así ocorreu no 62% dos casos, fronte ao 27% que se criou en castelán. No BNG as cifras son moi parecidas (58% criados en galego e 25% en castelán) e só entre os votantes do PSdeG-PSOE atopamos datos un pouco diferentes, cun 52.5% de persoas nacidas en entornos familiares galegofalantes e un 32.5% castelanfalantes.

En canto ao coñecemento da lingua, tampouco hai diferenzas por partidos, pois o 88% dos enquisados din falar galego 'con fluidez', unha proporción, que entre os tres partidos varía moi pouco, entre o 86,6% dos votantes socialistas e o 88% dos populares, e o 94% dos nacionalistas.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: