Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
No Brasil

As mulleres maduras, o obxectivo do campaña contra a sida no Carnaval

As mulleres que pasen dos 50 anos serán o albo principal do combate contra o contaxio do VIH nas celebracións deste ano.

Redacción - 13:00 14/02/2009
'Vista-se. Use camisinha' / Flickr: prefeituradeolinda

'Vista-se. Use camisinha' / Flickr: prefeituradeolinda

A idea é combater a tendencia dun maior crecemento dos contaxios entre a poboación feminina. Ademais, este ano o Ministério da Saúde quere chamar a atención sobre o feito de que a incidencia da sida nas mulleres con 50, 60 e 70 anos dobrouse no período de 1996 a 2006, pasando de máis de sete mil casos por 100 mil habitantes aos 14.500. Nesta década, a mortalidade nesta faixa de idades tamén aumentou.

Para facerlle fronte a este problema de saúde, o goberno de Lula quere incentivar, por medio da publicidade, a comunicación nas parellas destas idades, para que as mulleres convenzan, segundo contan dende a Agência Brasil, os seus compañeiros sobre o emprego de preservativos. Hai que ter en conta que perto do 70% da poboación por riba dos 50 anos é sexualmente activa, mais apenas o 22,3% usa camisinha, o nome que lle dan ao condón no Brasil. A campaña está encamiñada, ademais, a informar a aquelas mulleres que entren na menopausa para que busquen o pracer propio nas relacións sexuais.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: