Unha vez máis o Centro Galego de Barcelona (CGB) ponse a andar e explorar os arredores da cidade a través desta actividade tan saudable e amena que son as camiñadas.
O domingo 8 de marzo, calquera camiñante que queira participar nesta actividade terá a oportunidade de percorrer a Serralada de Marina acompañado e guiado por un guía que explicarán e informarán sobre os lugares máis significativos polos que pasa o percorrido: o mosteiro de Sant Jeroni de la Murtra ou un poboado ibérico, entre outros.
O Centro Galego de Barcelona convida a participar neste percorrido a todas as persoas afeccionadas a camiñar e á natureza que queiran pasar un día interesante e divertido.
Centro Galego de Barcelona
Camiñada pola Serralada de Marina
Domingo, 8 de marzo
FITXA DA ACTIVIDADE
Organiza: Dolores Dopazo
Guía: Xosé Carlos Conde
Percorrido: desde Santa Coloma de Gramenet e atravesando a montaña da Serralada de Marina, chegaremos a Mongat. Puntos de interese: Poboado ibérico do Puig Castellar, Coscollada de l´Amigó, mosteiro de Sant Jeroni de la Murtra, Cartuxa de Montalegre etc. É a montaña máis baixa de Catalunya (35 m sobre o nivel do mar) onde arredor de 1874 se fundou o primeiro club excursionista de Catalunya.
Lonxitude: 17 km.
Saída: ás 8.30h desde a saída do metro da liña vermella da estación de Santa Coloma de Gramenet.
Volta: colleremos o tren de volta para Barcelona en Mongat.
Desnivel: Arredor de 660 m de subida e 660 de baixada acumulados.
Nivel de dificultade: media.
Ritmo: rápido, só apta para persoas acostumadas a camiñar.
Inscrición: Ata o 6 de marzo no Centro Galego (telf. 933012892) / info@cgb.cat. Deixade datos persoais e teléfono de contacto para avisos.
Prezo: actividade gratuíta.
Requisitos mínimos para participar :
- Almorzar ben na casa.
- Levar botas de montaña ou calzado cómodo e abrigado de camiñada.
- Roupa cómoda e lixeira e gorro para a cabeza.
- Botella de auga, froita, bocadillo e algúns froitos secos.
- Mochila pouco pesada.
- Se o tedes, bastón de camiñar.
- Chuvasqueiro ou capeliña.
PUNTUALIDADE:
Non se agardará por ninguén que ás 8.30h non estea na saída da estación de metro de Santa Coloma de Gramenet da liña vermella.