Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRANSICIÓN POLÍTICA

O PPdeG pídelle a Caride que non faga adxudicacións, "como os seus antecesores"

Alfonso Rueda asegura que a conselleira en funcións de Política Territorial está a "baleirar as arcas públicas", con obras por máis de 130 millóns.

Redacción - 17:50 18/03/2009
Alfonso Rueda, no seu blog

Alfonso Rueda, no seu blog

O PPdeG afirmou que a conselleira saínte de Política Territorial, María Xosé Caride, pretende aprobar "adxudicacións masivas" e "baleirar as arcas públicas" antes do traspaso de poderes. Segundo os populares, Caride abandona o cargo "con catro imputados ás súas costas pola adxudicación irregular da Autovía da Barbanza" e pretende deixar o seguinte Goberno sen marxe de manobra con adxudicacións "por valor de 130 millóns de euros".

Segundo denunciou o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, Política Territorial segue a adxudicar unha decena de concursos de obra pública, aínda que nalgún dos casos "nin sequera dispón dos terreos necesarios". A isto haille que sumar os concursos tramitados pola Sociedade Pública de Investimentos.

Rueda acusou a Caride de "hipotecar a capacidade do próximo Goberno" e de "deslealdade institucional, máis propio dun país bananeiro que dunha democracia occidental". Por iso, esixiulles a María Xosé Caride e a Pérez Touriño que paralicen "inmediatamente" as adxudicacións "masivas" que están a efectuar e que deixen esas decisións para o futuro executivo, "tal e como fixeron os seus antecesores".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: