Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As comarcas elixirán os 2.500 delegados

O Consello Nacional do BNG ratifica o documento político con máis do 80% dos votos

Tamén se aceptou o regulamento asamblear a proposta da executivo en funcións para o pacto con ERCe Aralar cara ás eleccións europeas.

Redacción / EP - 21:40 04/04/2009

Cun 83,7% dos votos, a maioría do Consello Nacional do BNG botou adiante o documento político que chegaba este sábado a debate. Ao tempo, e co aval do 82% dos apoios, saía aprobado tamén o regulamento da asemblea nacional extraordinaria que esta formación política celebrará o próximo 10 de maio.

En palabras do coordinador da executivo, en funcións, do Bloque, Francisco Jorquera, un debate "vivo" pero "a tempo sereno". Na opinión de Jorquera, o balance desta reunión é que todas as sensibilidades representadas no Consello fixeron esforzo "construtivo" e de procura de "puntos de encontro".

Máis de medio cento de emendas
Até 59 puntualizacións de carácter diverso se realizaron durante o proceso, saíndo adiante arredor da terceira parte. Así por exemplo, Camilo Nogueira, eurodeputado no treito 1999-2004, achegou media ducia de emendas, entre outras, a suxestión de que o Bloque "emprenda unha reflexión sobre a mellora da estrutura interna da organización sobre a base de respectar o seu carácter de ampla fronte política e pluralismo interno".  

Entre as presentadas por Xesús Veiga, de Inzar, estaba a chamada a "seguir defendendo a elaboración dun novo Estatuto de nación que permita definir o nivel de autogoberno requirido para afrontar os retos que ten a sociedade galega no actual contexto estatal, europeo e internacional".

O Encontro Irmandiño achega emenda "á totalidade"
A voz máis crítica achegouna o Encontro Irmandiño, liderada por Xosé Manuel Beiras, desde onde se insistiu na necesidade de recuperar "o pleno asemblearismo". Desde esta corrente, propoñían que a elección da maioría do Consello Nacional se realizase directamente por parte da militancia asistente á asemblea nacional. De xeito concreto, suxerían fixar un período de inscrición para a militancia, entre 7 e 18 de abril, censo preasambleario a nivel comarcal, sobre o que o Consello estabelecería as medidas regulamentares necesarias para garantir a asistencia.

Os irmandiños consideran ademais que até o de agora se fixo un feble esforzo de autocrítica e entenden que desde 2001 se realizou unha viraxe significativa respecto da "liña ideolóxica" e da "práctica política nacionalista e de esquerdas" mudando cara á prácticas "eclécticas, mistificadas e centristas". Finalmente, os Irmandiños achegaron unha emenda á totalidade que non saíu adiante.


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: