Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
REACCIÓNS

Para a Mesa, o secretario xeral de Política Lingüística é o "lobo con pel de ovelliña"

Asegura que non importan os nomes, senón as prácticas e recorda que as propostas do PP pasan por derrogar o decreto do ensino e eliminar o galego das oposicións.

Redacción - 16:55 14/05/2009

"O posto de verdugo xa non está vacante". Esta é unha das primeiras valoracións da Mesa ao respecto do nomeamento do filólogo vigués, Anxo Lorenzo, como novo secretario xeral de Política Lingüística. O presidente deste colectivo, Carlos Callón, insistiu en restarlle importancia ao nome da persoa que desenvolverá este labor e reiterou a súa preocupación polas políticas anunciadas polo actual goberno da Xunta, entre as que nomea a derrogación do decreto do ensino ou da Lei de Normalización Lingüística e a proposta de eliminar o galego como requisito nas oposicións. Ao tempo, Callón lamentou que "haxa persoas que se presten a este xogo perverso e estean dispostas a ser a pel de ovella para camuflar o lobo".

Na semana das Letras, a voltas co topónimo d'A Coruña
Doutra banda, Callón lamentou as palabras do delegado da Xunta, Diego Calvo, quen manifestou que o presidente da Xunta apoia a oficialización do topónimo "La Coruña": "dificilmente se podería facer unha proposta máis agresiva e insultante contra a celebración das Letras Galegas esta semana e contra o seu homenaxeado, Ramón Piñeiro, que foi relator da Lei que o PP quere tumbar de forma unilateral", dixo.


Ligazóns

3/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: