Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na súa residencia en Montevideo

Falece o escritor uruguaio Mario Benedetti

Tiña 88 anos, e padecía unha longa enfermidade que terminou coa súa vida.

Redacción - 07:30 18/05/2009
Tags:
Mario Benedetti

Mario Benedetti

O escritor uruguaio Mario Benedetti faleceu na noite do domingo (hora galega) na súa morada de Montevideo, tras padecer unha longa doenza, segundo informou o secretario persoal do literato en declaracións á cadea de radio do país sudamericano, Espectador.

O novelista e escritor finou aos 88 anos de idade. Nos últimos días, o seu estado de saúde era delicado. O ano pasado tivera que ingresar varias veces nunha clínica por problemas derivados da súa doenza.

Poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta, Benedetti naceu en Paso de los Toros (Uruguai), en 1920, e relacionouse axiña cos movementos da esquerda latinoeamericana, que marcaron a súa comprometida obra. O seu traballo mereceu o Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 1999 e, dous anos despois e tras superar unha doenza cardíaca, tamén recibiu o premio iberoamericano José Martí e, en 2005, o Premio Internacional Menéndez Pelayo. Benedetti tamén foi nomeado Doutor Honoris Causa polas universidades de Alacante (Valencia) -onde hai unha un Centro de Estudos Iberoamericanos co seu nome- e de Valladolid (Castela e León).


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: